Sede electrónica Concello de Cerceda

17:56:01 Mércores 25 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en piscina climatizada e/ou ximnasio municipal

O obxecto do presente procedemento administrativo é facilitar a xestión de solicitudes de inscrición na piscina climatizada, cursos de natación e/ou ximnasio municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán devandito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • [OBRIGATORIO] Solicitude de inscrición na piscina e ximnasio municipal
  • Certificado IBAN ou xustificante da conta bancaria na que se domiciliará o recibo mensual (da cal é titular a persoa solicitante) ou autorización para que se domicilie o recibo mensual na última conta bancaria presentada polo solicitante..
  • Nas solicitudes de ximnasio municipal para menores de 16 anos: Informe médico que recomende o uso do ximnasio municipal.

Conforme o artigo 28 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a persoa solicitante ten dereito a non aportar documentos que xa se atopen en poder da Administración. A estes efectos, a persoa solicitante deberá indicar en que momento y ante que órgano administrativo presentou o citado documento.

Solicitudes formuladas por unha persoa distinta do interesado (SEN CERTIFICADO ELECTRÓNICO DE REPRESENTACIÓN OU DE FORMA PRESENCIAL)

É preciso achegar:

  • Copia (anverso e reverso) da documentación acreditativa da identidade do interesado en vigor (DNI, pasaporte, NIE). No caso de que o NIE non inclúa fotografía do interesado, será preciso achegar o documento da identidade ou pasaporte en vigor expedido polas autoridades do país de procedencia.
  • Modelo de representación debidamente asinado, no cal o interesado (outorgante) outorga a súa representación ao solicitante (representante).
  • Xustificante do pago das taxas/precio público según a/s ordenanza/s vixente/s. Posibilidade de domiciliación.

Nome: Solicitude de inscrición en piscina climatizada e/ou ximnasio municipal.

Unidade tramitadora:
Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Prazo de execución:
3 meses

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado da normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.