Sede electrónica Concello de Cerceda

09:57:49 Martes 19 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en aula de actividades

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas aulas de actividades do Concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades culturais.
  • Xustificante de pago de taxas/prezo público de inscrición segundo a/as ordenanza/s vixente/s. Posibilidade de domiciliación. (ver)

Solicitudes formuladas por unha persoa distinta do interesado (SEN CERTIFICADO ELECTRÓNICO DE REPRESENTACIÓN Ou DE FORMA PRESENCIAL)

É preciso achegar:

  • Copia(anverso e reverso) da documentación acreditativa da identidade de o interesado en vigor (DNI, pasaporte, NIE). No caso de que o NIE non inclúa fotografía do interesado, será preciso achegar o documento da identidade ou pasaporte en vigor expedido polas autoridades do país de procedencia.
  • Modelo de representación debidamente asinado, no cal o interesado (outorgante) outorga a súa representación ao solicitante (representante).

Nome: Solicitude de inscrición en actividades culturais (informáticas, culturais, etc).

Unidade tramitadora: Deportes e Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
  Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.