Sede electrónica Concello de Cerceda

14:15:59 Xoves 14 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade deportiva xestionada pola corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Acreditación da residencia/Certificado de empadroamento. Copia dos documentos acreditativos da residencia/empadroamento no municipio no cal se realiza a actividade deportiva.
  • Xustificante do pagamento da taxa segundo as ordenanzas vixentes.
  • Domiciliación Bancaria

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento:
Inicio por instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Ver ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades deportivas e culturais.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.