Sede electrónica Concello de Cerceda

11:45:14 Venres 27 de novembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: Prazo de Renovación e de Solicitude de praza nova
serían: do 25 de maio ao 5 de xuño, ambos inclusives.

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 14.2.2 da Ordenanza Reguladora.

Solicitude de Renovación de Praza (do 25 de maio ao 5 de xuño)

Solicitude de Praza de Novo Ingreso (do 25 de maio ao 5 de xuño)

  • Anexo II: solicitude de praza de novo ingreso na E.I.M.
  • Anexo III: Autorización para que o Concello recade os datos tributarios relativos ao nivel de renda (IRPF) ano 2018
  • DNI dos pais/nais/titores/as.
  • Libro de familia.
  • Xustificantes de ocupación ou desemprego no ano 20
    • Empregados/as: última nómina ou certificado de empresa
    • Desempregados/as: certificado de desemprego
  • IBAN bancario (para a domiciliación).
  • Tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
  • Outros casos:
    - Certificado de minusvalidez ou grao de dependencia.
    - Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións.
    - Documentación que acredite as situacións de separacións, abandono do fogar, violencia de xénero etc.
    - Libro de familia numerosa.
    - Certificado da empresa dos pais/nais, titores non residentes no termo municipal

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.