O procedemento "solicitude de puntos de luz" regula a petición, por parte das persoas físicas e xurídicas, de instalación ou substitución de puntos de luz en determinados lugares do municipio.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a instalación ou substitución de puntos de luz.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Solicitudes formuladas por unha persoa distinta do interesado (SEN CERTIFICADO ELECTRÓNICO DE REPRESENTACIÓN Ou DE FORMA PRESENCIAL)
É preciso achegar:
Nome: Solicitude de puntos de luz.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.